XURXO ROMANI - MANDRANUGALLA (2006)
Xurxo Romaní, galego residente en Barcelona dende hai 13 anos. Gaiteiro, entusiasta da música tradicional galega, das músicas árabes, da música medieval e renacentista, autodidacta de diversos instrumentos de corda (mandolina, saz, oud, bouzouki) e adicado dende 1997 ó estudo da zanfona. Ex-compoñente do xa desaparecido grupo de música folk galaico-mediterránea Ondina Xana, compoñente do sexteto de música antiga Organistrum e colaborador doutros músicos da escea galaico-barcelonesa como César del Caño ou Míriam González. A fascinación pola zanfona vénlle dende cativo, pero como moitos outros rexeitóu comezar co instrumento pola dificultade naquela época de conseguir un a un prezo razonable e coas características técnicas necesarias para sacarlle partido. No folk galego, ate hai pouco, a zanfona ten desempeñado o papel de instrumento secundario, e nos últimos anos a adopción da zanfona contemporánea, con melloras técnicas notábles, vai acompañada dunha explosión de creatividade e de novos músicos adicados a sacarlle a este milenario "sintetizador medieval" todo o que leva dentro. Descubre a zanfona contemporánea influido por músicos cataláns como Eduard Casals e Marc Egea, e polo luthier Sedo García, que constrúe en Catalunya zanfonas inspiradas no modelo francés. Profundiza no seu estudio en cursos coa Asociación Ibérica da Zanfona con Gilles Chabenat, Pascal Lefevre, Nigel Eaton ou Valentin Clastrier. Toca unha zanfona electroacústica construida polo luthier austríaco Wolfgang Weichselbaumer. O disco "Mandranugalla" (mestura de dúas verbas, catalana e galega, que definen o sano arte da preguiza) combina zanfona contemporánea con todo tipo de instrumentos reáis e sampleados, bebendo das fontes da música tradicional galega, da música islámica, e da música medieval, A zanfona vai acompañada nos nove temas por percusións reáis e sintéticas, e todo tipo de instrumentos. Feito aínda máis destacado nos dous temas remesturados que figuran como "bonus tracks", remesturas electrónicas que pretenden que o instrumento saia do mundo elitista da música folk e tradicional e chegue sen complexos ó gran público.Hover Setting
slideup