28 é a cousa máis bonita que che pode acontecer e, cando che pasa, tes que vivila. Todo o mundo se namora, todos nos vimos en situacións de quéreme-non me quere e cada un ten a súa propia historia que contar ou calar sobre esas vivencias. Díxome un amigo que non é bo botar o corazón ao aire, que se está onde está é por algo. Pensando niso, teño que dicir que parte do meu corazón está agachadiño entre as palabras, esas que faltan tantas veces, que compoñen 28, unha película que, fotograma a fotograma, vai dando vida para despois lembrar que todo neste mundo é fuxidío, mesmo os sentementos.
Sexa como sexa, amar é regalar e, anque os sentementos muden, sempre quererás agasallarte a aquelas persoas que tanto che deron no seu día, coas que foches tan feliz e das que non che importa esquecer aniversarios porque non sería xusto lembrarte delas só un día.
Sen máis, agardo que rematedes a lectura cun sorriso, coa sensación dunha aperta cálida e, quen sabe, con morriña no voso interior.