O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo...
En Febreiro do 2006, animados pola boa acollida do single “Galician Chimpanzee”, deciden constituírse en banda. E así, o experimento cristaliza no disco “Galician chimpanzee” (un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos).e o “grupo virtual” transformase nunha banda formada por músicos procedentes de distintos grupos galegos.. En 2007 a banda tocou ó longo de toda a xeografía galega presentando o seu segundo traballo “Revolution Dance” nos festivais mais importantes do pais.
A banda Galegoz está formada por: Denís Mutante (voz), Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Marcos Payno (programacións e voz),Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta e teclado), Tomas Ruido (Técnico de son e produción técnica ), Matías Olazábal(guitarra) e Chou (Samplers, video-dj e son).
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa.