Hover Setting

slideup

Carlos Fontes - Contradanza (2009)



Carlos Fontes (Vilaboa, 1968). Traballa como xornalista ademais
de colaborar na organización de actos culturais para diferentes
entidades. Recibiu o primeiro premio na XVI edición do Concurso de
Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da asociación cultural
homónima de Cornellà (Barcelona), en novembro de 2002. Obra
súa figura nos poemarios colectivos O Trazo Aberto (Deputación
Provincial de Pontevedra, 2002), Pontevedra literaria (Concello de
Pontevedra, 2007) e Os poetas de Vigo cantan á poesía (Rodeira,
2008). Colaborou con textos poéticos na revista cultural O máximo
(2003), no periódico Infoxove (agosto, 2008) e no primeiro disco do
grupo de música tradicional Tanxedoras (2008). Fixo circular algúns
dos seus poemas en pequenas edicións de cordel, a última, titulada
Descarga (2008), en colaboración co escritor cubano Félix
Contreras. A finais de 2008 publica o seu primeiro libro de poemas,
Quero colo, na Editorial Espiral Maior. No ano 2009 sae á luz
Poemas con piruleta, poesía para cativos editada Galaxia.