ANXO ARAUJO
PLAN DE URBANISMO PARA UN NOVO COUTO MIXTO (2021)
Plan de urbanismo para un novo couto mixto é o primeiro traballo de estudio en solitario de Anxo Araújo. O disco parte dunha necesidade persoal convertida en desafío. O proceso de creación ten lugar durante varios meses do ano 2020 no seu estudio de gravación, obtendo como resultado desa introspección dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Este novo traballo nace no contexto dunha pandemia. Música feliz para tempos de crise, ou en palabras do propio Anxo «Un saír dos buratos máis profundos con confianza e ilusión. Un reforzo da auto estima. Un aprender a bailar deixando marchar a carraxe acumulada. Un mirar cara a cara ao mundo. Unha absoluta liberación»
O disco foi gravado e mesturado no seu estudio Unha Casa Calquera (Poio) e masterizado por Victor Garcia en Ultramarinos(Barcelona)