GRAMPODER - PM (2022)
O dúo compostelán Grampoder volve cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. A banda regresa para presentar novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a raiba do hardcore e a densidade do post-punk, mantendo un formato escénico mínimo.
"PM" é todo o que ocorre a partir da metade da xornada, cando comeza a facerse de noite e a inercia do día se fai cada vez máis dificil de corrixir. O novo traballo de Grampoder contén dez cancións dominadas pola contundencia das guitarras, a enerxía das percusións e unhas letras feras e desencantadas que tratan a perplexidade ante a velocidade do mundo, os medos, a frustración e a repulsa ante o engano ao que nos sometemos.
Booking: info@tremendoaudiovisual.com
Podes mercar o disco en vinilo de 12" directamente e sen intermediarios, poñéndote en contacto coa propia banda
Jacobo Iglesias gravou as músicas nos Estudios Potemkin de Santiago D.C.
LeRoi (percusión e baixo) e Martin Wu (guitarras e voces), ex compoñentes de The Homens, continúan á fronte do proxecto