MARIQUIÑA TERESHKOVA A TOBEIRA. ONDE UNS SE AGOCHAN E OUTROS SE ENTERRAN (2022)
Case todo o que grava e compón a videocreadora, videopoeta e socióloga lucense Mariquiña Tereshkova revelase durante as súas andainas pola cidade, por iso chama ás súas creacións “visións”.
Con unha perspectiva máis visiolóxica que sociolóxica, vai ao encontro da imaxe do cotián na percura de explorar os recintos e as fendas ás que non se atende, sempre á caza das preguntas que existen entre o feito e a interpretación.
As súas composicións son fundamentalmente autobiográficas, partindo do eu que cuestiona e conta a través do texto e da música.
Dende 2019 ten presentado pezas de video en diferentes festivais de videocreación e colaborado con diversos artistas.
Nesta ocasión a colaboración con Keko Ponte AKA Holgado levouna a realizar unha videocreación a partir da canción "Notas do funeral de Ricardo Vieito" na que integra o seu universo visual, narrativo e literario coas músicas do barcalés.