CLO PLAS - bafi (2022)
"O primeiro traballo de evidencia a fascinación polo imaxinario libertador de The Last Poets mais o discurso do dúo da Fonsagrada vai máis alá e percorre camiños inéditos que entroncan con pólas tan diversas da cultura galega coma os relato etnobiográficos dos Retrincos de Castelao, o militante vangardismo feito-na-casa da música de Apeiron ou os azos rachadores dos primeiros Resentidos. Nos miúdos estalotes narrativos do adictivo rap lo-fi minimalista que facturan Xiana Arias e Berio Molina (ao que el*s chaman ba-fi) hai espazo para a poesía, o costumismo, a metafisica, o etnográfico e mesmo a carallada, conformando unha proposta radical -no ético mais tenra no estético- inzada de retrousos de instintiva vocación popeira"
Clo Plas son Berio Molina e Xiana Arias.
Músicas midi-pop de baixa fidelidade e historias apegadas á oralidade da Fonsagrada.
Música, voces e letras: Clo Plas
A letra de 'Non podo' inspírase en recordos recorrentes de Clo Plas, de Ana Salgado e de Xoanxo Molina.
Capa: Mariña de Toro.
Gravado e misturado por Hevi no Laboratorio Soyuz o 11 e 12 de marzo do 2022.
Producido por Hevi e Clo Plas.
Editado ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0
Para que Clo Plas actúen na túa festa ou na túa cociña contacta con Urdime.