Hover Setting

slideup

Breogán Xague - Breve Nocturario Galego (EP, 2022)


BREOGAN XAGUE - BREVE NOCTUARIO GALEGO (2022)

"O Breve Noctuario que estades a piques de escoitar reune tres pezas coa estética do xénero de terror. Inda así, a última canción "Xota de ánimas" non pretende dar medo; máis ben emprega ese motivo da oscuridade e da noite, do glitch e de ocultar a drede partes dun espazo, como ferramentas expresivas coas que poñerse na pel dos nosos mortos que na noite de defuntos volven dalgún xeito a casa -a recoller os restos da cea e os pratiños que lles deixamos para elus-. 
A canción anterior xa é outro conto. Neste caso un real e contrastado. A historia do Romasanta, un lobishome de Allariz. O sacauntos, séptimo varón da súa familia, que enganaba á xente promenténdolles vidas mellores no norte. Como agora sabemos nin esa pobre xentiña nin a súa graxa pasaba do monte. Coma nós no videoclip, que só chegamos a ver a noite polo buraco dun espazo que nos expulsa. 
Para rematar falemos da primeira canción. "O Suso da Barbaña" é efectivamente o mesmo Suso có do conto de Méndez Ferrín. Todes o limos na E.S.O ou non? No vídeo traspasamos o río mentres a letra máis narrativa do EP guíanos cara o corpo do Suso. Ao falar do horrorcore na música hai que falar de Clipping, e eu tiña moitísimas ganas de facer algo semellante a eles na Galiza. E con isto, sede benvides a pasar o Samaín escoitando un Breve Noctuario Galego"


Todos os temas gravados, compostos e producidos por Breogán Xague