O CONCEPTO. Doce anos son os que levan ausentes Fanny & Alexander da música galega. Un desterro obrigado pola teima do destino ao que poñen fin con "A túa ausencia neste ar", o seu cuarto disco longo. Un novo album no que, coma o mariñeiro embarcado, a emigrada retornada ou o exiliado político, voltan a casa na percura do que foron. Trás "Lusco e fusco" (2006), "Finais dos 70s, comezos dos 80s" (2007) e "Alfaias" (2009) chega esta novo traballo, un disco de querencia conceptual no que todas as cancións xiran arredor da perda e da da ausencia, do que se pode perder nun simple xiro argumental da vida: os pais, os avós, un fillo, o amor, a consciencia dun mesmo, a individualidade coma persoa... Un fío argumental que tece saudoso nove novas cancións que aloumiñan sen drama nen remorso esa nostalxia que abrolla da perda, facendo das músicas ferramentas reparadoras.
OS VERSOS. O dúo compostelán continúa coa tradición dos seus anteriores traballos adubando versos emprestados de poetas galegas co seu pop saudoso carregado de experimentacións bastardas co folk, o shoegaze, a electrónica e mesmo a música de cámara. Nesta nova entrega a lista de autoras que emprestan as súas verbas é, felizmente, 100% feminina e máis longa ca nunca, tanto nas letras das cancións (Lorena Souto, Antía Otero, Arancha Nogueira, Marga Tojo, Ledicia Costas, Xess Mondelo e Charo Lopes) coma nos miúdos spoken words que arrolan por todo o disco (Lara Dopazo, Lucía Aldao, Alba Cid, Luz Fandiño, Theresa P. Lousame, Xela Arias e Nuria Vil).
O FORMATO. O disco terá un formato físico pouco habitual, alonxado dos contaminantes plásticos: un lenzo coa capa do disco montado en madeira para poder pendurar onde tamén haberá un código QR que che leve directamente á súa escoita en plataformas dixitais. Porén, máis alá da obrigada distribución comercial e seguindo co seu tradicional apoio ao Copyleft o disco tamén estará dispoñíbel gratuitamente en múltiples formatos en www.fannyealexander.net
Este
disco posúe unha licenza Creative Commons que permite compartir e
difundir libremente a obra e mesmo modificala, adapatala e
remesturala, sempre que se faga coa mesma licenza, se recoñeza a
autoría e non haxa ánimo de lucro
Todas
as músicas compostas, arranxadas e gravadas por Fanny &
Alexander
Lenzo
da capa obra de Xerome Feáns Arias (2011-2018)
Gratitude
infinda a todxs xs que nos pedistes facer novas músicas todos estes
anos de ausencia. Vai por vós
O
TEMPO CURA MAIS ARRASA
Letra: Adaptación duns versos de Marga
Tojo
Spoken Word: Muller anónima da parroquia de Oliveira
(Ponteareas) en 1978
Música: Fanny+Alexander
A
TUA AUSENCIA NESTE AR
Spoken Word: Lucía Aldao
Letra e
música: Fanny+Alexander
A
MORTE É MENTIRA
Letra: Adaptación duns versos de Xess
Mondelo
Spoken Word: Luz Fandiño
Música: Fanny+Alexander
O
RUXIR DA TUA AUSENCIA
Letra: Adaptación duns versos de Arancha
Nogueira
Spoken word: Xela Arias
Música: Fanny+Alexander
XARDIN
DE INVERNO
Letra: Adaptación duns versos de Ledicia
Costas
Spoken Word: Nuria Vil
Música: Fanny+Alexander
A
PANTASMA DO ESPELLO
Letra: Adaptación duns versos de Lorena
Souto
Spoken Word: Theresa P. Lousame
Música:
Fanny+Alexander
EN
CADA FERIDA
Spoken Word: Alba Cid
Letra e música:
Fanny+Alexander
CARREGAR
O VACIO
Letra: Adaptación duns versos de Antía Otero e Charo
Lopes
Música: Fanny+Alexander
MENTRES
TODOS OS MEUS LIBROS ARDEN
Versos e recitado: Lara Dopazo
Ruibal
Música: Fanny+Alexander