Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #6 - Secho (AV, 2022)



Seguindo o ronsel dos concertos para levar de La Blogotheque, os Tiny Desk Concerts da radio pública norteamericana ou os pioneiros acústicos da MTV dos 90s, A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Nesta ocasión acompañamos a Secho no hórreo da Miguensa nas Terras de Iria. Ao acubillo do arco de medio punto dun hórreo que é único en todo o País o de Dodro esfolou tres pezas de "Recuperar", o seu máis recente traballo, na compaña dunha sorte de all-star da escena galega: Tomás Porteiro á guitarra eléctrica (Néboa, Sinestesia...), Lois G. Carlín ao baixo (Ataque Escampe) e Dani Riveiro á batería

Imaxe e son: A Regueifa Plataforma 2.0