Hover Setting

slideup

Måi - Nigredo (2023)

Måi - Nigredo (2023) 

Måi é unha nova formación liderada por Iseo Agilda que, logo de máis dunha década nos escenarios con Sacha na Horta e Blues do País, tráenos o seu novo proxecto personal. Nigredo é o seu primeiro disco e sérvenos de entrada na cova de måi. Nela atoparás unha simbiose do orgánico e o artificial que vai do folk ao pop e á electrónica, unha proposta que parte dun son moi persoal, deseñado xunto a Tomás Ageitos na produción e composición e o cello de Margarida Mariño

Con tímbricas tradicionais electroarraigadas, que serven de atmósfera na que a voz lixeira pode voar lonxe, transitan por ritmos urbanos e eclécticos. É este un ritual de conexión e de amor coa vida como proceso do que todo e todas formamos parte.

contacto@maimusica.com

instagram.com/mai_musica





MÚSICA: ISEO AGILDA @ISEOAGILDA E TOMÁS AGEITOS @TOMAS_AGEITOS
LETRAS: ISEO AGILDA
ARRANXOS E INSTRUMENTACIÓN: TOMÁS AGEITOS
CELLOS: MARGARIDA MARIÑO @MARGARIDAUXIA
COLABORACIÓN NA VOZ DE PURA MESURA @PURAMESURA (YOLANDA POSE @YOLANDAPOSE ) EN CANDO VOLVAN AS BALEAS
COLABORACIÓN NO OUD E BOUZOUKI: FERNANDO BARROSO @FERNANDO.BARROSO.MUSIC EN INSHALLAH
GRAVADO EN ESTUDOS A PONTE @ESTUDIOAPONTE ENTRE MARZO E DECEMBRO DE 2022
GRAVACIÓN E MESTURAS: TOMÁS AGEITOS
MÁSTER: DR. CHOU @DOUTORCHOU
PUBLICADO POR: DÁLLE QUE LIBRAS
DESEÑO GRÁFICO E DIRECCIÓN CREATIVA: ENRIC PÉREZ VERCHER @ENRIC.PE
ESTRATEXIA DE DESEÑO: DANAE GÓMEZ LOIS @DANAEGOMEZLOIS
FOTOGRAFÍA: JUDITH ADATABERNA @ADATABERNA
ESTILISMO: GRACIELA RAMIL @GRACIELARAMIL
DIRECCIÓN DE ARTE FOTOGRÁFICA: JUDITH ADATABERNA