Hover Setting

slideup

Nadie González - Noctiluca Scintillans (2024)

NADIE GONZALEZ - NOCTILUCA SCINTILLANS (2024)

Flow do Toxo, High Paw, Menina Arroutada, ST, Pura Mesura, Temible Olivina, Amari...Tras décadas de ir a rebufo da escena estatal -xa choveu dende os debuts de Ariana Puello e La Mala- a escena nacional vai collendo corpo cunha riqueza e pluralidade de voces que collen o testemuño de pioneiras esquecidas coma Marisol Manfurada e As Garotas da Ribeira para poder por fin falar do Rap Feminino Galego, tal que así, con maiúsculas e con artigo determinado. Unha revolución pendente na que Nadie González se situa á vangarda con Noctiluca scintillans, un álbum de debut que navega entre o poético e o reivindicativo e no que abrolla un talento vocal, lírico e musical a non esquecer nos vindeiros anos