Hover Setting

slideup

O Portughés - A caída da antorcha humana (2024)

O PORTUGHÉS - A CAÍDA DA ANTORCHA HUMANA (2024)

 O Portughés estrea A caída da antorcha humana, o seu segundo disco longo. Un traballo no que o tiburón do Salnés libera ao longo de quince novas pezas a cachoeira lírica marca da casa coa que se ten convertido nunha das voces con máis autoridade da escena. Unha viaxe rica en ritmos e temáticas na que amplía universo poético e afía estilo na compaña de colaboracións no vocal da talla de Tempo Norte, Gallego. Dee Cee, S.V.N, Aimar 1304, Dobel VI, Trob e Fungo e, na produción, de Fat Kingdom, Clioenllamas, Netuh, Yung Denzo e Wabii, B4proyect, Azid J e Volk GZ.