Hover Setting

slideup

Miudiño Sessions #31 - Ataque Escampe


 Chega unha nova entrega das Miudiño Sessions con Ataque Escampe, unha das formacións máis senlleiras da escena e pioneiros da necesaria renovación lírica e estilística que ten experimentado a música galega das últimas dúas décadas. Nas ruínas do que en tempos foi a maior fábrica de vasoiras da Europa occidental -hoxe transmutada en improvisado museu de arte urbana- o agora sexteto quixo facer un percorrido vital polo seu inabarcable repertorio, enfiando clásicos coma Noites de agosto ou Papá borracho con novas pezas do seu recente Cabalgata (Amigo)e sorpresas coma a reinvención de A vitoria en clave de bachata.

Trixésimo primeira novena entrega das Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua que máis alá da promoción de novas propostas, o descubrimento das máis singulares e o rexistro das máis veteranas tamén ten un certo propósito arquivístico, facendo a foto fixa do momento histórico que estamos a viver, por número e por calidade, de proxectos musicais na nosa língua.